top of page

Trasfondo

Na viaxe fugaz que emprenden dende o Museo do Louvre, as alumnas de Coeducación para o século XXI, percorren momentos destacados da Historia da Arte, comezando no período grego, e pasando pola Idade Media, o Renacemento, o Manierismo, o Barroco, o Romanticismo, o Impresionismo, o Cubismo, ou a Arte pop, para chegar á conclusión de que a representación feminina non cambiou demasiado ao longo dos séculos.

​

En cada un destes períodos destácase algunha obra de arte na que se reflicte de forma evidente cal foi o papel que ocuparon as mulleres tamén neste eido, nun abano de tempo que abrangue dende o século IV a.C., ata o século XX da nosa era. Esa relación de obras non pretente en ningún caso ser exhaustiva, senón tan só representativa de moitas outras que incluso poderían pertencer a épocas anteriores ou posteriores a esas datas, e o suficientemente significativa como para ilustrar o rol asignado á muller en innumerables representacións artísticas.

ARTE GREGA

helene_paris_louvre_k6.jpg

Helena e Paris (s. IV a.C.)

Helena, a pesar de que foi vítima dun secuestro, pasou por ser culpable da Guerra de Troia. É frecuente nas diferentes mitoloxías que as mulleres sexan presentadas como as culpables de todos os males do mundo.

ARTE GREGA

Pandora2.jpg

Pandora (s. V a.C.)

Esta muller foi o castigo que Zeus lles enviou aos homes polo roubo do lume a mans do titán Prometeo. Será considerada a introdutora do mal no mundo, ao non ser capaz de conter a curiosidade e abrir a famosa caixa que lle deu a fama.

ROMÁNICO

virxeDoLeite.jpg

Virxe do Leite da Catedral de Mondoñedo (s. XII)

Exemplo das numerosas virxes románicas. Na Idade Media as únicas representacións femininas que atopamos nas distintas obras de arte son as da Virxe, considerada a única muller digna de ser representada.

RENACEMENTO

AdaneEva.jpg

Adán e Eva (Durero, s. XVI)

Unha vez máis, a muller é a introdutora do mal no mundo, tema recurrente nas distintas mitoloxías.

MANIERISMO

Raptodassabinas.jpg

Rapto das Sabinas (Giambologna,  s. XVI)

As mulleres sabinas foron raptadas polos primeiros romanos para casar con elas e así conseguir perpetuar a súa estirpe. A escena, de clara violencia de xénero, evidencia a concepción que ao longo da historia se tivo das mulleres, como meros obxectos destinados á reprodución.

BARROCO

Raptofillasleucipo.jpg

O rapto das fillas de Leucipo (Rubens, s. XVII)

Este cadro recolle outro rapto con fins matrimoniais, nunha escena mitolóxica de gran violencia. Neste caso son os fillos de Zeus, Cástor e Pólux, os que secuestran ás fillas de Leucipo para desposalas. Curiosamente a lenda afirmaba que foran esposos modélicos.

BARROCO

Judit_decapitando_a_Holofernes,_por_Arte

Judith decapitando a Holofernes (Artemisia Gentileschi, s. XVII)

Unha das poucas pintoras recoñecidas pola historia. Foi violada por un pintor e humillada por iso, feito que eclipsou a súa calidade artística. 
Quizais por esa razón, representa nos seus cadros mulleres fortes e sufridas da mitoloxía e da Biblia.

BARROCO

Apolo e Dpahne.jpg

Apolo e Dafne (Bernini, s. XVII)

Esta fermosa escultura representa o mito de Apolo e Dafne. Recolle o momento no que a ninfa Dafne, escapando do deus Apolo e ante a súa incansable insistencia, ´pidelle ao seu paii, o ría Peneo, que a salve, e este convértea nun loureiro. Na nosa historia representa adecuadamente a resistencia dalgúns homes a aceptar o rexeitamento por parte dunha muller.

ROMANTICISMO

LiberdadeGuiandoaoPobo.jpg

A liberdade guiando ao pobo (Delacroix, s. XIX)

Nun cadro de marcado carácter político, a personificación da liberdade, unha figura feminina, aparece cos peitos ao aire, cando non existe ningún motivo aparente. Unha vez máis, unha exhibición do corpo feminino espido sen ningún tipo de pretexto ou xustificación.

REALISMO/IMPRESIONISMO

AlmorzoCampestre.jpg

Almorzo campestre (Manet, s. XIX)

Nesta escena costumista a modelo de Manet, Victorine Meurent, merenda completamente espida xunto ao irmán e o cuñado do pintor, vestidos e incluso abrigados. A nudez inxustificada da modelo foi motivo de crítica incluso na época. A outra muller que aparece ao fondo, tamén semiespida, non parece gardar relación algunha co resto dos personaxes. Repítese o motivo do espido feminino sen razón algunha.

PRECUBISMO

AsSeñoritasdeAvignon.jpg

As señoritas de Avignon (Picasso,  S. XX)

Estas mulleres, posiblemente as prostitutas dun prostíbulo de Barcelona, aparecen tamén espidas, dende unha óptica masculina que relega ás mulleres ao papel de seres pasivos, só para ser contempladas, nunca como produtoras ou creadoras.

ARTE POP

rapazachorando.jpg

Rapaza chorando (Lichtenstein, s. XX)

Este pintor foi acusado de pintar a todas as mulleres practicamente iguais, como en serie. Esta nin sequera ten un nome que a identifique e, ademais, circulan moitas copias do seu rostro por varios museos. Na nosa curtametraxe, ela mesma lamenta  a súa falta de identidade e o pouco que cambiou a iconografía feminina ao longo dos séculos.

Mención especial

RENACEMENTO

04-gioconda-mona-lisa-leonardo-da-vinci_45541385_1500x1982_edited.jpg

A Gioconda (Leonardo, s. XVI)

Aparece ao comezo e é a narradora observadora e crítica. Guía as alumnas polos distintos museos e períodos como Virxilio a Dante na Divina Comedia.

RENACEMENTO ITALIANO

3439px-Sandro_Botticelli_-_La_nascita_di

O nacemento de Venus (Botticelli)

Venus reflexiona sobre todas estas representacións. Farta de ser un simple obxecto pasivo e de contemplación abandona o cadro acompañada polo seu séquito.

bottom of page