top of page
Cartel definitivo - Web (1600x2388px)_ed

Sinopse

IGUALARTE

Fagamos unha historia diferente

As alumnas de Coeducación para o século XXI do IES Cosme López Rodríguez da Rúa fan unha viaxe cultural a París. Durante a visita ao Museo do Louvre, prodúcese un suceso inesperado que as levará a facer unha viaxe no tempo ao longo dos distintos períodos da Historia da Arte. No transcurso desta inesperada aventura, poderán comprobar como as mulleres foron representadas a maior parte das veces como seres pasivos, para ser contempladas polo seu aspecto físico, non polas súas capacidades ou os seus logros.

Pero..., o que nunca puido imaxinar ningunha delas é quen as ía acompañar nesa estraña travesía, nin as famosas mulleres coas que falarían nos distintos lugares polos que pasaron!

bottom of page